Graduado en Ciencia e Enxeñaría de Datos pola Universidade da Coruña, apaixonado por transformar datos en decisións estratéxicas, con especial interese nos sectores do deporte e o entretemento.

A miña formación e experiencia permítenme abordar con solvencia todo o ciclo de vida dos datos, desde a recolección e o procesamento ata a análise avanzada e a visualización. Todo apoiado por unha base sólida en matemáticas, estatística e programación.

Actualmente continúo a miña especialización cursando o Máster en Técnicas Estatísticas (UDC), co obxectivo de profundar na modelización e a análise estatística avanzada.

Gústame o traballo en equipo, resolver problemas complexos aportando valor real e comunicar con claridade o que os datos revelan.

Fóra do entorno técnico, practico atletismo desde os 7 anos, unha disciplina que non só me serve para desconectar, senón que me ensina a afrontar calquera desafío con esforzo e constancia, e a manter o rendemento baixo presión.

Formación Académica

Máster en Técnicas Estatísticas UDC 2026-actualidade
  • Actualmente cursando o primeiro ano do máster.
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos UDC 2022-2026
  • Nota media de 9,01
Bacharelato Científico IES Virxe do Mar 2020-2022
  • Nota media de 9,76
  • Primeira matrícula de honra do centro.

Experiencia Profesional

Colaboración en investigación IRLab nov. 2025 - xul. 2026
  • Colaboración no IRLab.
  • Desenvolvemento dunha aplicación web para a simulación de perfís clínicos psiquiátricos mediante LLMs como ferramenta de formación de profesionais sanitarios.
Científico de Datos Minsait set. 2025 - nov. 2025
  • Prácticas curriculares do grao no departamento de Datos.
  • Proxecto de análise de datos turísticos para a Xunta de Galicia.
  • Tarefas de limpeza, transformación, análise exploratoria e modelado preditivo de ocupación de albergues no Camiño de Santiago.

Excelencia Académica

  • Matrícula de honra en 16 materias do grao, nos campos de estatística e modelización matemática; machine learning e intelixencia artificial; bases de datos e datos espazo-temporais; e programación e enxeñaría de datos.
    Ver as 16 materias
    • Álxebra Lineal
    • Aprendizaxe Automático III
    • Fundamentos de Programación I
    • Xestión de Proxectos de Enxeñaría de Datos
    • Inferencia Estatística
    • Internet: Redes e Datos
    • Linguaxe Natural e Minería de Textos
    • Matemática Discreta
    • Modelado de Bases de Datos
    • Modelos de Rexresión
    • Optimización Matemática
    • Recuperación de Información
    • Sinais e Sistemas
    • Sistemas Recomendadores
    • Modelización Estatística de Datos de Alta Dimensión
    • Representación e Xestión de Datos Espazo-Temporais
  • 3 veces premio Ángela Ruiz Robles á Excelencia Académica (Edicións 2022/23, 2023/24 e 2024/25), correspondentes á mellor nota da promoción nos 3 primeiros cursos do grao.
  • Mellores Expedientes ABAU 2022 cunha nota de 9,516 na fase obrigatoria e mellor expediente do instituto.
  • Nota media de 9,01 no Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos.

Certificacións

C1 English Certificate Escuela Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela
Diplôme d'Études en Langue Française (DELF) B1 France Éducation International

Habilidades e competencias

Ao longo da miña formación e experiencia estiven en contacto cunha ampla variedade de ferramentas e linguaxes, aquí preséntanse aquelas máis relevantes xunto coas competencias que desenvolvin.

Linguaxes de programación
Python R SQL Matlab
Enxeñaría de Datos
Apache Spark Hadoop Denodo MongoDB PostgreSQL Talend PostGIS GeoPandas QGIS Leaflet AWS Azure Web Scraping
Ciencia e Análise de Datos e Estatística
Pandas NumPy SciPy Matplotlib Seaborn Power BI Tableau EDA Estatística avanzada Modelos ARIMA Inferencia estatística
Intelixencia Artificial
Machine Learning Scikit-learn TensorFlow Keras PyTorch XGBoost NLP Transformers Aprendizaxe federada Visión por computador LLMs
Idiomas
Español Nativo Galego Nativo Inglés C1 Francés B1

Actividades e proxectos

  • HackUDC 2025: Participante no hackathon estudantil da Facultade de Informática, desenvolvendo unha aplicación web para un club de fútbol local.
  • Mentoring: Mentor de estudantes de novo ingreso no Plan de Acción Titorial da FIC, acompañando o seu proceso de integración e desenvolvemento académico na Facultade.
  • Actividades deportivas: Participación coa Universidade nos Xogos Galaico Durienses 2025 e nos Campionatos Galegos Universitarios 2026.
  • Proxectos: Podes ver o desenvolvido en detalle na sección de Proxectos.

Vida persoal

Un pouco da miña vida fóra da tecnoloxía.

  • Atleta Federado: Federado en atletismo participando en competicións a nivel autonómico/nacional.
  • Deportes: Apasionado do ciclismo e das actividades ao aire libre e seguidor doutras disciplinas deportivas.
  • Viaxes: Gústame viaxar e coñecer novas culturas, así como gozar da natureza.
  • Compañía: Gústame estar cos meus, quedar con amigos e rodearme de boa xente coa que traballar, aprender e compartir afeccións.
  • Carné de conducir B.

Contacto

Para ofertas laborais, colaboracións, proxectos ou calquera outra consulta, non dubides en contactarme:

andresliressaborido@gmail.com