Chat con un paciente virtual durante unha entrevista clínica simulada

TFG - Simulador de entrevistas clínicas con pacientes virtuais baseados en LLMs

Introdución O meu Traballo de Fin de Grao consistiu en deseñar e desenvolver unha plataforma web de simulación clínica asistida por intelixencia artificial: unha aplicación na que o estudantado de Medicina practica a entrevista clínica conversando, por chat, con pacientes virtuais realistas xerados mediante modelos de linguaxe (LLMs). O proxecto naceu dentro dunha colaboración coa Facultade de Medicina da USC e o grupo de investigación IRLab: Jorge López Castromán, profesor das materias de Comunicación e Psiquiatría do Grao en Medicina, achegou a necesidade clínica e validou todo o material médico. Miguel Anxo Pérez Vila e Javier Parapar López dirixiron o TFG e puxeron a disposición a infraestrutura de cómputo do IRLab. Por que A entrevista clínica é seguramente a competencia máis complexa que debe adquirir un futuro médico: non segue un protocolo fixo e esixe adaptarse continuamente ás respostas, silencios e emocións do paciente. En psiquiatría, onde non hai probas complementarias que substitúan o diálogo, dela depende incluso a precisión do diagnóstico. ...

2 de xullo de 2026 · Andrés Lires